| Gloria Sánchez,
Andrés García Vilariño e Xosé A. Neira Cruz: Tres triscadas Ilustracións de Ana Gómez Buhigas Col. Lagarto Pintado. Dirección Xeral de Cultura. Consellería de Cultura e Xuventude. Xunta de Galicia. Santiago, 1993 |
|
Gloria Sánchez presenta un
catálogo de armas ... para morrer de risa, cos planos dunhas
novas armas secretas que lle enviou o Profesor Chilindrof Tulitates para que
llelas faga chegar aos rapaces con vistas a atallar tanta liorta como hai no
mundo. Coñecemos así a bomboa, a escopita, a espida vergonzosa, a
pis-tola, a metraballadora ou o pombo da paz que vai criar coa súa
homónima. |
|