|
| An Alfaya:
Bua-Bua-Requetebua Ilustracións de Ramón Trigo Col. Elefante Contacontos, 9 Ed. Ir Indo. Vigo, 1999 |
|
Texto dramático que
transcorre no interior do aparato dixestivo. Os protagonistas, os
pilosíns, son os fillos de mamá Pilosa e dedícanse a facer
trasnadas á súa nai e a D. Organdón, o xefe do equipo que
forma o aparato dixestivo. D. Organdón, caracterizado como un personaxe
despótico, leva moi mal as bromas dos tres pillabáns e
insístelle a mamá Pilosa para que lles ensine disciplina aos seus
fillos. Entre eles desenvólvense escenas cargadas de comicidade moi
próximas ao surrealismo. |
|
| A nosa literatura infantil e xuvenil 1999 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López. Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33" Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia Santiago de Compostela, 2001 |