|
| An Alfaya: O baúl de Wensel Ilustracións de Irene Fra Col. Árbore, 110. Serie Verde Ed. Galaxia. Vigo, 2000 |
![]() |
O protagonista desta novela é Max, un cativo de sete anos que pasa as vacacións de verán nunha vila mariñeira e que se caracteriza pola súa curiosidade e desexos de saber. É por isto polo que se introduce nunha tenda de antigüidades rexentada polo vello Wensel, inimigo declarado dos nenos, dos animais e dos curiosos. Xa no interior, Max asiste atónito á conversa de Wensel e Ulises e consegue saber onde garda o vello tendeiro os seus máis prezados tesouros. Gracias a esas averiguacións, o neno entra no baúl da fantasía e atopa monicreques viventes, o Paxaro Lúa e o Paxaro Sol, ademais dun cabaliño de Cristal. Con eses seres fantásticos vive aventuras inimaxinables e, no remate, descobre que todo fora un soño, xa que o anticuario pechara tempo atrás. |
|
| Gálix: A nosa literatura infantil e xuvenil
2000 |