| Blanca-Ana Roig
Rechou: A poesía infantil e xuvenil en
Galicia Col Guías Gálix. Teófilo Piñeiro Edicións / Asociación Gálix Santiago de Compostela, 2000 |
|
Estudio sobre a poesía infantil-xuvenil
galega que se abre cunha panorámica histórica, desde a Idade
Media ata a actualidade. Valora a existencia de referencias textuais que
teñen como posibles destinatarios tamén os primeiros lectores. O
século XX merece unha análise máis pormenorizada.
Divídese en tres grandes etapas: de 1900 a 1950, cando aparecen as
primeiras manifestacións relevantes; de 1950 a 1980, caracterizado como
período de transición e asentamento; de 1980 ao 2000, que se
presenta como unha etapa de consolidación. |
|
84 p. - 21x13 cm. ISBN 84-923060-5-X |