blix



Agustín Fernández Paz: A maxia das palabras
Col. A maxia das palabras
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Xunta de Galicia. A Coruña, 1999

A maxia das palabras

Caderno que acompaña a segunda entrega da colección "A maxia das palabras", de difusión gratuíta en todas os colexios de Galicia. Ademais de pequenas modificacións, como a supresión das suxestións de traballo sobre os contos tradicionais, incorpora como novidade fundamental un apartado sobre a presencia da poesía nas aulas e o traballo cos textos poéticos mediante a dramatización ou a partir das súas connotacións plásticas, incluíndo pautas para a creación de poemas e a confección de libros artesanais de cara á súa difusión.
Comeza cunha reflexión sobre a importancia da lectura na formación das persoas e o papel que na súa promoción poden xogar a familia e a escola. Pon a seguir de relevo a puxanza da literatura infantil galega e a súa función nuclear na normalización lingüística. Analiza logo a importancia dos contos na etapa infantil e a función esencial das bibliotecas de aula concibidas como lugar de encontro. Ademais, detalla diversos procedementos para a creación de contos, de eficacia pedagóxica evidente na potenciación da creatividade, que se deben difundir mediante recursos como o "libro viaxeiro", o "libro xigante" ou a propia edición artesanal.
En realidade, co obxectivo de animación á lectura e á creatividade dos propios nenos galegos, esta reflexión teórica englóbase nun proxecto de promoción da lingua galega, como unha contribución á necesaria normalización lingüística.



56 p. - 14x10 cm.                                                            D.L.    C. 1.049/99



Opinion