|
Caderno que acompaña a primeira entrega
da colección "A maxia das palabras", de difusión gratuíta
en todos os colexios de Galicia. Comeza cunha reflexión sobre a
importancia da lectura na formación das persoas e o papel que na
súa promoción poden xogar a familia e a escola. Pon a seguir de
relevo a puxanza da literatura infantil galega e a súa función
nuclear na normalización lingüística. Analiza logo a
importancia dos contos na etapa infantil e a función esencial das
bibliotecas de aula concibidas como lugar de encontro. Ademais, detalla
diversos procedementos para a creación de contos, de eficacia
pedagóxica evidente na potenciación da creatividade, que se deben
difundir mediante recursos como o "libro viaxeiro", o "libro xigante" ou a
propia edición artesanal. En realidade, co obxectivo de
animación á lectura e á creatividade dos propios nenos
galegos, esta reflexión teórica englóbase nun proxecto de
promoción da lingua galega, como unha contribución á
necesaria normalización lingüística. |