Agustín Fernández Paz: Os libros infantís galegos
Col. Andel, 7. Consellería de Cultura e Deportes. Xunta de Galicia
A Coruña, 1989

Os libros infantís galegos

Aproximación ao contexto social e histórico no que se desenvolve a literatura infantil-xuvenil galega e a súa incidencia sobre ela, coa normalización lingüística como pano de fondo.
A primeira parte reflexiona sobre a existencia da literatura infantil/xuvenil e a súa fronteira ou delimitación coa literatura para adultos, en moitos casos establecida segundo criterios editoriais exclusivamente. Abórdase logo a especificidade da nosa literatura e os seus problemas de fondo.
O miolo do libro é unha historia da literatura infantil en galego, detallada en diferentes etapas que abranguen desde 1960 a 1989, analizando as diferentes coleccións existentes.
Pecha o libro unha cronoloxía coas datas máis relevantes segundo os acontecementos históricos e literarios.



75 p. - 19x11 cm.                                                         ISBN    84-453-0053-9



Opinion