Gálix: A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Col. Guías Culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural - Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo - Xunta de Galicia / Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). A Coruña, 2001

A nosa literatura infantil e xuvenil 1999

Catálogo de libros infantís-xuvenís en galego publicados no ano 1999 en primeira edición. Recolle o conxunto da producción literaria dese ano, tanto os textos publicados orixinalmente en galego como as traduccións á nosa lingua, distribuídos en senllos apartados.
Ordenados alfabeticamente por autores, cada libro preséntase cunha ficha bibliográfica, a sinopse argumental e unha recomendación-indicación sobre a idade lectora, na que se diferencian catro categorías (Prelectores e primeiros lectores, Lectores autónomos, Lectores mozos e Mozos adultos). A obra inclúe un apéndice cos índices de autores/as galegos/as, autores/as traducidos/as, ilustradores/as, traductores/as, títulos galegos, títulos traducidos, coleccións, editoriais, idades e xéneros.
Esta obra, imprescindible para o coñecemento da evolución da nosa literatura infantil-xuvenil, é froito dun traballo de equipo coordinado por Mª Isabel Soto López. Encargouse da catalogación Pedro Lucas, da Biblioteca "Nova 33". As ilustracións de cuberta son obra de Xosé Cobas.
A edición foi promovida pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), coa colaboración da Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia.


162 p. - 21x13 cm.                                                               ISBN    84-453-3082-9



Opinion