|
Catálogo de libros
infantís-xuvenís en galego publicados no ano 1996 en primeira
edición. Recolle o conxunto da producción literaria dese ano,
tanto os textos publicados orixinalmente en galego como as traduccións
á nosa lingua, distribuídos en senllos apartados. Ordenados
alfabeticamente por autores, cada libro preséntase cunha ficha
bibliográfica, a sinopse argumental e unha
recomendación-indicación sobre a idade lectora, na que se
diferencian catro categorías (Prelectores e primeiros lectores, Lectores
autónomos, Xoves lectores e Xoves adultos). A obra inclúe un
apéndice cos índices de autores/as galegos, autores/as
traducidos, ilustradores/as, traductores/as, títulos galegos,
títulos traducidos, coleccións, editoriais, idades e
xéneros. Esta obra, imprescindible para o coñecemento da
evolución da nosa literatura infantil-xuvenil, é froito dun
traballo de equipo coordinado por Mª Isabel Soto López. Encargouse
da catalogación Pedro Lucas Domínguez, da Biblioteca "Nova 33", e
as ilustracións de cuberta son obra de Manuel Uhía. A
edición foi promovida pola Asociación Galega do Libro Infantil e
Xuvenil (Gálix), coa colaboración da Dirección Xeral de
Promoción Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación
Social e Turismo da Xunta de Galicia e mais a Biblioteca "Nova 33", dependente
da Obra Social de Caixa Galicia. |