|
Catálogo de libros
infantís-xuvenís en galego publicados no ano 1995 en primeira
edición. Recolle o conxunto da producción literaria dese ano,
tanto os textos publicados orixinalmente en galego como as traduccións
á nosa lingua. Ordenados alfabeticamente por autores, cada libro
preséntase cunha ficha bibliográfica, a sinopse argumental e unha
recomendación-indicación sobre a idade lectora, na que se
diferencian catro categorías (Prelectores e primeiros lectores, Lectores
autónomos, Xoves lectores e Xoves adultos). A obra inclúe un
apéndice cos índices de autores/as, ilustradores/as,
traductores/as, títulos, coleccións, editoriais, idades,
xéneros, obras en idioma orixinal e obras traducidas. Esta obra,
imprescindible para o coñecemento da evolución da nosa literatura
infantil-xuvenil, é froito dun traballo de equipo coordinado por Carmen
Bar Cendón, Xulia Barros Barros e Mª Xesús Fernández
Fernández. Encargouse da catalogación Carme Bar Cendón, da
Biblioteca Pública Municipal de Narón. A ilustración de
cuberta é da autoría de María Fe Quesada e a de
contracuberta de Xulia Barros. A edición foi promovida pola
Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), coa
colaboración da Dirección Xeral de Promoción Cultural da
Consellería de Cultura e Comunicación Social da Xunta de
Galicia. |