Gálix / Biblioteca "Nova 33": A nosa literatura infantil e xuvenil 1993
Col. Guías Culturais, 1. Dirección Xeral de Cultura - Consellería de Cultura - Xunta de Galicia / Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil)
Vilagarcía de Arousa, Pontevedra,1994

A nosa literatura infantil e xuvenil 1993

Catálogo de libros infantís-xuvenís en galego publicados no ano 1993 en primeira edición. Recolle o conxunto da producción literaria dese ano, tanto os textos publicados orixinalmente en galego como as traduccións á nosa lingua.
Ordenados alfabeticamente por autores, cada libro preséntase cunha ficha bibliográfica, a sinopse argumental e unha recomendación-indicación sobre a idade lectora, na que se diferencian catro categorías (Prelectores e primeiros lectores, Lectores autónomos, Xoves lectores e Xoves adultos). A obra inclúe un apéndice cos índices de autores, ilustradores, títulos, coleccións, editoriais e idades.
Esta obra, imprescindible para o coñecemento da evolución da nosa literatura infantil-xuvenil, é froito dun traballo de equipo coordinado por Xosé-Victorio Nogueira Barcia e María Xesús Fernández Fernández. Encargouse da catalogación Pedro Lucas Domínguez, da Biblioteca "Nova 33", e as ilustracións de cuberta son obra de Miguelanxo Prado.
A edición foi promovida pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), coa colaboración da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e mais da Biblioteca "Nova 33", dependente da Obra Social da Caixa Galicia.


126 p. - 21x13 cm.                                                               ISBN    84-453-1171-9



Opinion