|
Catálogo de libros
infantís-xuvenís en galego publicados no ano 2003 en primeira
edición. Recolle o conxunto da producción literaria dese ano,
tanto os textos publicados orixinalmente en galego como as traduccións
á nosa lingua, distribuídos en senllos apartados. Ordenados
alfabeticamente por autores, cada libro preséntase cunha ficha
bibliográfica, a sinopse argumental e unha
recomendación-indicación sobre a idade lectora, na que se
diferencian catro categorías (Prelectores e primeiros lectores, Lectores
autónomos, Lectores mozos e Mozos adultos). A obra inclúe un
apéndice cos índices de escritores/as galegos/as, escritores/as
traducidos/as, ilustradores/as, tradutores/as, títulos galegos,
títulos traducidos, coleccións, editoriais, idades e
xéneros. Esta obra, imprescindible para o coñecemento da
evolución da nosa literatura infantil-xuvenil, é froito dun
traballo de equipo coordinado por Isabel Mociño González.
Encargáronse da catalogación os bibliotecarios Pedro Lucas
Domínguez e mais José Álvaro Álvarez, da Biblioteca
"Nova 33". A ilustración de cuberta é obra de Federico
Fernández. A edición foi promovida pola Asociación
Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), coa colaboración da
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia. |