|
Catálogo de libros
infantís-xuvenís en galego publicados no ano 2002 en primeira
edición. Recolle o conxunto da producción literaria dese ano,
tanto os textos publicados orixinalmente en galego como as traduccións
á nosa lingua, distribuídos en senllos apartados. Ordenados
alfabeticamente por autores, cada libro preséntase cunha ficha
bibliográfica, a sinopse argumental e unha
recomendación-indicación sobre a idade lectora, na que se
diferencian catro categorías (Prelectores e primeiros lectores, Lectores
autónomos, Lectores mozos e Mozos adultos). A obra inclúe un
apéndice cos índices de escritores/as galegos/as, escritores/as
traducidos/as, ilustradores/as, traductores/as, títulos galegos,
títulos traducidos, coleccións, editoriais, idades e
xéneros. Esta obra, imprescindible para o coñecemento da
evolución da nosa literatura infantil-xuvenil, é froito dun
traballo de equipo coordinado por Eulalia Agrelo Costas. Encargáronse da
catalogación os bibliotecarios Pedro Lucas Domínguez e mais
José Álvaro Álvarez, da Biblioteca "Nova 33". A
ilustración de cuberta é obra de Antonio Caíña.
A edición foi promovida pola Asociación Galega do Libro Infantil
e Xuvenil (Gálix), coa colaboración da Dirección Xeral de
Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación
Social e Turismo da Xunta de Galicia. |