Gálix: A nosa literatura infantil e xuvenil 2001
Col. Guías Culturais, 29. Dirección Xeral de Promoción Cultural - Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo - Xunta de Galicia / Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Santiago de Compostela, 2003

A nosa literatura infantil e xuvenil 2001

Catálogo de libros infantís-xuvenís en galego publicados no ano 2001 en primeira edición. Recolle o conxunto da producción literaria dese ano, tanto os textos publicados orixinalmente en galego como as traduccións á nosa lingua, distribuídos en senllos apartados.
Ordenados alfabeticamente por autores, cada libro preséntase cunha ficha bibliográfica, a sinopse argumental e unha recomendación-indicación sobre a idade lectora, na que se diferencian catro categorías (Prelectores e primeiros lectores, Lectores autónomos, Lectores mozos e Mozos adultos). A obra inclúe un apéndice cos índices de escritores/as galegos/as, escritores/as traducidos/as, ilustradores/as, traductores/as, títulos galegos, títulos traducidos, coleccións, editoriais, idades e xéneros.
Esta obra, imprescindible para o coñecemento da evolución da nosa literatura infantil-xuvenil, é froito dun traballo de equipo coordinado por Amparo Raviña Rosende. Encargáronse da catalogación os bibliotecarios Pedro Lucas Domínguez e mais José Álvaro Álvarez, da Biblioteca "Nova 33". A ilustración de cuberta é obra de Ánxeles Ferrer.
A edición foi promovida pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), coa colaboración da Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia.


209 p. - 21x13 cm.                                                               ISBN    84-453-3703-3



Opinion