|
Catálogo de libros
infantís-xuvenís en galego publicados no ano 2000 en primeira
edición. Recolle o conxunto da producción literaria dese ano,
tanto os textos publicados orixinalmente en galego como as traduccións
á nosa lingua, distribuídos en senllos apartados.
Ordenados alfabeticamente por autores, cada libro preséntase cunha ficha
bibliográfica, a sinopse argumental e unha
recomendación-indicación sobre a idade lectora, na que se
diferencian catro categorías (Prelectores e primeiros lectores, Lectores
autónomos, Lectores mozos e Mozos adultos). A obra inclúe un
apéndice cos índices de autores/as galegos/as, autores/as
traducidos/as, ilustradores/as, traductores/as, títulos galegos,
títulos traducidos, coleccións, editoriais, idades e
xéneros.
Esta obra, imprescindible para o coñecemento da evolución da nosa
literatura infantil-xuvenil, é froito dun traballo de equipo coordinado
por Mª Isabel Soto López. Encargáronse da
catalogación catro bibliotecarios do Sistema de Bibliotecas
Públicas Municipais do Concello de Oleiros. A ilustración de
cuberta é obra de Kiko Da Silva.
A edición foi promovida pola Asociación Galega do Libro Infantil
e Xuvenil (Gálix), coa colaboración da Dirección Xeral de
Promoción Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación
Social e Turismo da Xunta de Galicia.
|