| Xesús
Alonso Montero: Celso Emilio Ferreiro para os
nenos Dirección Xeral de Cultura. Consellería de Cultura e Deporte. Xunta de Galicia. A Coruña, 1989 |
![]() |
Estudio rigoroso con finalidade divulgativa sobre
o poeta celanovés. Comeza cunha sucinta "Cronoloxía" de Celso
Emilio, á que segue a "Bibliografía" cos seus libros publicados
ou inéditos. Continúa cunha reflexión sobre a súa
obra, organizada en tres apartados: "Vida e Poesía: O poeta fala dos
seus paraísos perdidos", sobre a súa primeira etapa vital, desde
os textos; "Longa noite de pedra: Un poeta civil nos tempos de Franco", arredor
da súa poética comprometida, e "Un poeta na emigración:
Poeta da emigración", buscando explicar e aclarar malentendidos sobre a
súa experiencia americana. |
|
97 p. - 21x15 cm. ISBN 84-453-0028-8 |