![]() |
![]() |
| Figura orixinal de Buciños que distingue aos gañadores |
Bases: |
PREMIO RAÑOLAS DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL |
1. O PREMIO RAÑOLAS DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ten como obxectivo salientar o carácter sobranceiro dun libro de calquera dos xéneros literarios de ficción editado orixinalmente en galego. |
2. Constitúe un recoñecemento público da calidade literaria dunha obra e do seu autor, sen valorar outros aspectos da producción editorial nin incluír as edicións de carácter colectivo ou autor anónimo. |
3. Só poderá ser distinguido co premio un dos libros publicados en primeira edición no ano precedente ao da reunión do xurado. |
4. Considérase infantil ou xuvenil todo texto que se dirixa preferentemente a estas idades lectoras e se presente, se é o caso, nunha colección destinada a elas. |
5. O xurado estará formado por un autor, un traductor, un crítico ou estudioso da literatura infantil-xuvenil, un ilustrador e mais un lector. A súa composición manterase en secreto ata que decida o premio. |
6. Cada un dos seus membros deberá facer unha preselección na que figuren un máximo de cinco obras. Todas elas formarán a relación oficial de candidatos preseleccionados, que a organización remitirá aos compoñentes do xurado, para o seu coñecemento exclusivo e previo á data das deliberacións, sen indicación de preferencias. |
7. O sistema de elección será por eliminación do libro menos apoiado ata que, en sucesivas votacións, a maioría seleccione un gañador. |
8. O premio, que se entregará nun acto público no marco da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Chantada, consiste nunha figura orixinal de Buciños en homenaxe ao libro |
PREMIO RAÑOLAS DE ILUSTRACIÓN INFANTIL E XUVENIL |
1 |
O PREMIO RAÑOLAS DE ILUSTRACIÓN INFANTIL E XUVENIL ten como obxectivo salientar o carácter sobranceiro do traballo de ilustración para un libro infantil ou xuvenil de calquera dos xéneros literarios de ficción editado orixinalmente en galego. |
2 |
Constitúe un recoñecemento público da calidade artística dunha obra e do seu autor, sen valorar outros aspectos da producción editorial nin incluír as edicións de carácter colectivo ou autor anónimo. |
3 |
Só poderá ser distinguido co premio un dos libros publicados en primeira edición no ano precedente ao da reunión do xurado. |
4 |
Considérase infantil ou xuvenil todo texto que se dirixa preferentemente a estas idades lectoras e se presente, se é o caso, nunha colección destinada a elas. |
5 |
O xurado estará formado por un autor, un traductor, un crítico ou estudioso da literatura infantil-xuvenil, un ilustrador e un lector. A súa composición manterase en secreto ata que decida o premio. |
6 |
Cada un dos seus membros deberá facer unha preselección na que figuren un máximo de cinco obras. Todas elas formarán a relación oficial de candidatos preseleccionados, que a organización remitirá aos compoñentes do xurado, para o seu coñecemento exclusivo e previo á data das deliberacións, sen indicación de preferencias. |
7 |
O sistema de elección será por eliminación do libro menos apoiado ata que, en sucesivas votacións, a maioría seleccione un gañador. |
8 |
O premio, que se entregará nun acto público no marco da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Chantada, consiste nunha figura orixinal de Buciños en homenaxe ao libro. |