A volta ao mundo da edición en 10.000 libros

Preto de 100 editoriais de 9 países (Alemaña, Colombia, Cuba, Francia, Italia, Luxemburgo, México, Portugal e Reino Unido) e das literaturas do Estado Español (galega, catalana, vasca e castelá) sen esquecer a linguas minorizadas como o frisón, sardo, occitano ou friulano, expoñen na feira case 10.000 libros.

Nenos nun stand


Esta excepcional concentración de libros infantís e xuvenís sorprende o interese de xoves e pais e constitúe a mellor confirmación de que os camiños da lectura son plurais e apaixonantes.
Así, cada lector atopa na feira ese libro amigo que aínda non coñecía. E os editores comunícanse nesta festa da lectura cun público disposto a coñecer a historia máis nova e sorprendente.

Actuación teatral