Un mundo de historias

O afán comunicativo da creación literaria ponse de manifesto precisamente na súa tradición de oralidade. Na transmisión oral están as raíces da nosa cultura e neste final de século segue a ser un vehículo alternativo -e seguramente non tan secundario- de contacto cos lectores. A actuación dos contadores de contos constitúe un estímulo difusor da oralidade tradicional na narración de historias. A reacción de nenos e xoves é entusiasta; para os profesionais do ensino e os pais supón unha extrordinaria oportunidade de recuperar a memoria colectiva deste vehículo de intervención literaria.
Paula Carballeira David Otero Rosa Luengo




Adiante