|
| A
feira é unha festa de animación á lectura na que as actividades lúdicas desempeñan un papel fundamental, sen esquecer as actuacións musicais, desde a música tradicional dos grupos de gaitas ao xove rock bravú no Concerto do Libro. |
|
| É unha vía de achegamento e
expresión dos mozos, que, por outro lado, participan activamente incluso atendendo os stands das editoriais. Pola feira tamén pasaron os Xigantes e Cabezudos ou a Escola de Circo de Bemposta, compartindo todos eles esta mensaxe de relación amigable co mundo dos libros. |
| As
viaxes pola imaxinación
|
|
|
| Os
espectáculos teatrais acadan unha dimensión participativa imprescindible. A aventura de viaxar polo espello da imaxinación cos propios actores é un reto que os rapaces, convertidos en protagonistas, asumen con entusiasmo. O teatro de rúa ou títeres, o mundo fascinante da maxia e o mimo, convértense nunha compañía excepcional para todos os visitantes. Entón, pais e mestres recuperan sen disimulo a capacidade de asombro e participan do xogo. |
|
Os espacios do
xogo |
|
coa pasividade do espectador, organízanse uns obradoiros de manualidades nos que se guían con materiais moi diversos e cotiáns as habilidades dos nenos, desexosos de construír xoguetes elementais. Ademais tamén teñen cabida os xogos populares, que ofrecen a singularidade do recoñecemento na propia cultura e a recuperación dun pasado colectivo esquecido. |