|
Licenciado en
Filoloxía Románica, exerce como profesor de Literatura na
Ensinanza Secundaria. Autor tamén de obra narrativa e de edicións
críticas de clásicos contemporáneos da literatura galega,
é un dos nosos poetas máis recoñecidos. A súa obra
lírica ten merecido distincións como o Premio Esquío ou os
da Crítica Galega e Española. Colaborador
en diferentes medios xornalísticos e iniciativas cívicas,
participou durante oito anos na directiva da Asociación de Escritores en
Lingua Galega, da que mesmo foi presidente. |