|
Realizou estudios de Maxisterio e Criminoloxía,
ámbito este último no que traballa profesionalmente dende hai
anos. Moi ligada ao teatro, participou na fundación do Teatro Avento de
Vigo e mesmo foi dobradora dos cincuenta primeiros capítulos da serie de
debuxos animados Los picapiedra. A súa obra literaria,
amplamente premiada, diríxese especificamente ao lectorado
infantil-xuvenil, con pequenas incursións na literatura
convencionalmente entendida como dirixida a adultos. |