blix



Xoán Babarro/Ana Mª Fernández: Os xigantes de nunca acabar
Ilustracións de Irene Fra

Col. O Barco de Vapor, Serie Azul, 14
Ediciones S.M. Madrid, 1999

Os xigantes de nunca acabar

En País do Conto vivían nas tres montañas máis altas tres xigantes superliantes: Escacharrochas, Perseguerranchos e Machucaplantas. Eran superterribles e tiñan os habitantes do país aterrados pois destrozaban os seus bens (a unha veciña da Rúa Hansel e Gretel, Escacharrochas desfíxolle a muralla do castelo de irás e non volverás...) pero ninguén daba cunha solución para librar deles.
Un día apareceu Trampolín, un anano como un melón vendedor de remedios para aliviar os pesares. Contratárono e foi intrigar os xigantes citándoos na Praza Maior a medianoite. Nela, contando un conto medrou máis de cincuenta metros e eles, engaiolados con outro, reducíronse á altura de tres melóns. Pero o remedio non contentou a ninguén, polo que unha roda de todos e un novo conto devolveulles o seu grandor aos xigantes, que agora son pacíficos.

64 p. - 19x12 cm.                                                         ISBN    84-348-6687-0



Opinion