| María de
Mata: Xela volveuse vampira Ilustracións de Noemí López Col. Contos da igualdade, 2. A Coruña, 2007 |
|
Conta Breixo que
estaba contento porque Xela, a profesora máis boa do mundo,
volvía darlle outro ano máis. Até que caeu na conta de que
non parecía a mesma persoa: traía os cabelos recollidos, as
súas mans xa non danzaban no aire contandos historias, nunca ría
nin xogaba cos alumnos nos recreos. Un luns pintouse de violeta arredor dun
ollo e parecía unha morta vivinte. Outra mañá chegou
cunhas enormes lentes escuras, bufanda e luvas negras que agochaban as
súas mans de princesa. Ao escribir no encerado caéronlle as
lentes e a bufanda, deixando ver as pálpebras pintadas de negro e unhas
manchas de cor vermella no pescozo. Como a Breixo lle parecía que estaba
enferma de saudade, regaloulle unha camelia branca, que ela esqueceu.
Quíxolla levar á casa mais non lle abriu a porta. De volta,
atopou no camiño unha nena diminuta cunha carapuchiña con
axóuxere, pequena como o matapiollos e bonita como as camelias, que lle
pediu chocolate. Como llo deu, presentóuselle, díxolle que era
Rute, a quen podía ver por ter nacido en domingo e ser nobre. O martes
seguinte podería vela de novo e pedirlle un desexo. |
|