| Bernardino
Graña: Xan Guindán, mensaxeiro Ilustracións de Ángeles Maldonado Col. Infantil-Xuvenil. Serie Morada Alfaguara / Obradoiro. Vigo, 1994 |
|
Xan é un neno que soña con ser mensaxeiro. Namorado da súa moto imaxinaria, este neno practica facendo recados e levando obxectos que sempre chegan tarde e mal. O autor procura que o lector se implique na historia e acabe por botarlle unha man ó desventurado protagonista. Para iso o lector ten que ir adiviñando o nome do obxecto que Xan Guindán ha traer. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1994 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón. Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou. Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996 |