blix



Ánxela Loureiro: Viaxe de ida e volta
Ilustracións de Enjamio

Col. Merlín. Edicións Xerais. Vigo, 1996

Viaxe de ida e volta

Ao longo de oito capítulos, cóntanse as peripecias coas que Fol, un pequeno caracol arrincado do seu fogar, se deberá enfrontar na tentativa de regresar xunto aos seus. Un novo mundo, novas amizades, pero tamén novos perigos ábrense ante el, todo lle serve como aprendizaxe e descubrimento.
A autora ofrece un papel activo ao lector, concretado na súa intepretación dunha pequena cantiga, que actúa como constante na obra e da que se ofrece a notación musical. O libro péchase coa sección "Cando a autora fala de si", onde esta lembra a súa vida cando tiña nove anos, a idade aproximada dos lectores da súa obra.

80 p. - 19x14 cm.                                                         ISBN    84-9782-065-7



{short description of image} A nosa literatura infantil e xuvenil 1996
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998



Opinion