| Xosé A. Neira Cruz:
A viaxe a Compostela de Renato Ratoni Ilustracións de Nomeí López S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2004 |
|
Edición excepcional
co gallo da exposición A viaxe a Compostela de Cosme III de Médicis.
Repróducense diferentes elementos da exposición (retratos dos
Médicis, grabados da época, un mapa da península, pezas de
cerámica, facsímiles da Compostelana, etc.), como mostra da pluralidade
artística que atopou este príncipe florentino na súa viaxe de seis
meses pola península, desde o desembarco en Cadaqués deica a chegada a
Compostela en 1669, baixando por Andalucía e percorrendo Portugal. |
|