| Concha Blanco:
O vestido de Cora Ilustracións de Jesús Fernández Col. Sotelo Blanco Infantil e Xuvenil, 26. Serie A máquina de escribir Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 1996 |
|
Esta é a historia de Cora e da aventura fantástica
que lle sucedeu despois de mercar un vestido coa súa nai. A Cora
gústanlle os animais e divírtese moito cando vai de pesca con
Tomé, o seu pai. Por iso elixe un vestido de verán con debuxos de
peixiños que está no escaparate dunha tenda porque sospeita que
un dos peixes lle chiscou un ollo. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1996 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998 |