blix



David Otero: A verdade na bufarda
Ilustracións de Xosé M. Xiráldez

Col. Árbore, 5. Serie Verde
Ed. Galaxia. Vigo, 1988

A verdade na bufarda

Nesta historia de viaxe as palabras son compañeiras de xogo.
En Arahas, no continente de Acirfa, marcharan os paxaros, as árbores e ata estaban desaparecendo as sombras. Xa o profetizara o vello vidente Ogam, que escribira, como cada día na súa bufarda, as palabras AUIQES e OMRE.
Ante isto, o gato marengo Otag emprende camiño cara ao Etron, onde hai limpas augas de ríos de cristal, paxaros e árbores. Guiándose pola estrela Ralop deixa ao seu amigo Ogim e chega por fin á beira do mar, a Infi, onde un incidente curioso lle permite coñecer a gata Acim. Namorada, disponse a acompañalo na súa aventura ata Aicilag. E tamén se ha incorporar Ogam.
E entón comprendemos que ás palabras hai que darlles voltas e máis voltas coa fantasía, sen calalas nunca.

72 p. - 21x12 cm.                                                          ISBN    84-7154-652-3



Opinion