| Antonio
García Teijeiro: Ventos Ilustracións de Ana G. Buhigas Col. Merlín. Eds. Xerais Vigo, 1992 |
|
Conxunto de poemas co vento como protagonista.
Pode ser un compañeiro alegre e bo que acariña as barcas durmidas
no mar, que xoga coas ondas e os peixiños, coas estrelas e gamelas ou do
que están namoradas as gaivotas. Ten moitos amigos: os
reiseñores, unha paxariña de papel, o reloxo e, sobre todo, os
nenos, que o agachan na man, que lle poden pedir un anaco de ceo para pintalo
ou compañía na noite para durmir mellor. Poucas veces se enfada,
aínda que lle tira as follas presumidas a unha arboriña, pois
cando chove é el que baila coas nubes. Son, por iso, moitos os ventos: o
fungón, o maino, o lacazán ou o peregrinante, pero a
música do "vento ventiño" que zoa forma parte inseparable del,
como o ritmo dos poemas. |
|