| Mario
Pereira: Velaí vai o verme Ilustracións de Lázaro Enríquez Col. Árbore, 112. Serie Verde. Ed. Galaxia. Vigo, 2000 Premio de Literatura Infantil Raíña Lupa 1999 |
|
É esta unha historia dun tempo tan novo
que aínda moitas cousas estaban por facer e outras eran tan recentes que
non sabían o seu lugar no mundo, como lles ocorría a
algúns animais... Un deles, un verme, deu en chorar porque non
tiña amigos nin nome por ser tan feo. O moucho aconselloulle que fose
onda o Creador e botouse a buscalo. |
|