 |
Aínda que se chamaba Valentino, o fillo dun rei vello e
poderoso era bondadoso, adoraba a cociña e pasaba horas tocando o
laúde. Pero tiña medo dos animais salvaxes e aborrecía a
guerra. Endebén, converteuse nun heroe. Indo de cacería
entretívose observando niños de paxaros en lugar de seguir os
animais salvaxes e unha hiena levouno ao seu lombo, sen que el fixese nada, ao
país veciño. A filla do rei, atraída polo seu
carácter sensible, namorouse do heroe á forza. E alí,
malia o seu medo e coa agudeza da princesa, conseguiu librar o reino dun
león feroz. E tamén dun exército inimigo atado á
cadeira do cabalo, pois o seu berro de medo foi interpretado polos rivais como
un berro de guerra que os fixo retirar aterrorizados. De tal xeito,
converteuse no salvador do reino, onde nunca máis ninguén volveu
falar de guerras nin de batallas. E Valentino reinou feliz. Historia que
adapta un conto orixinal de Etiopía con ilustracións reproducidas
a toda páxina e a cores. |