|
Nacera un pucho
moi churrusqueiro ao que lle puxeron de nome Serafín. Tiña un
segredo no rabo... Pasados uns días déronse conta de que era
femia e pasaron a chamarlle Palmira. Aburríase na corte, polo que
decidiu marchar a coñecer mundo: era unha vaca aventureira. Foi a
unha feira, onde se sorprenderon de que andase ceiba. No parque de
atraccións comeu churros, montou no carrusel e nunha moto. Causou tanta
sensación que ata lle fixeron fotos para unha revista. Tomando
café nun bar, viu un circo na televisión e decidiu que
quería ser titiriteira e famosa. E foino, pois saíu unha
reportaxe sobre "A vaca artista" nunha revista da bisbarra. Empezaron a
pedirlle autógrafos, polo tivo que ir á escola para aprender a
escribir. Comprou unhas gafas, puxo rizos e mechas no pelo. Para coidar o tipo
asistiu a clases de ballet, que axiña deixou por demasiado
difíciles. Durmía nunha tenda de campaña especial e
comezou a practicar o deporte da pesca. Unha lebre que fuxía de dous
cazadores pediulle que a acollese na tenda: xa non estaba soa. Acordaron que se
chamaría Serafín. Mercaron unha moto con sidecar e
fixéronse tan famosas que mesmo viñan excursións de
turistas para facerlles fotos. Entón o alcalde de Cacharela concedeulles
unha paga mensual e nomeounas fillas predilectas. Nada lles faltaba. Por certo,
xa se pode desvelar o segredo: no sitio do rabo... tiña tres, cos que
facía unha trenza con lazada no remate. Unha ampla proposta de
actividades didácticas, habitual na colección, complementa a
lectura do texto. |