blix



autor          ·          lector         ·         colección         ·          xénero         ·          ano



Agustín Fernández Paz: Un tren cargado de misterios
Ilustracións de Enjamio

Col. Merlín. Edicións Xerais. Vigo, 2001
Premio Lecturas 2003 - De 8 a 10 anos

Un tren cargado de misterios

Todos os días ás tres Ana abre a fiestra do seu cuarto para ver cómo o tren pasa veloz por diante da súa casa camiño da cidade e o mar que hai máis alá das montañas. Seus pais prometéronlle que viaxarían un día no tren, pero ese día non chega e ela segue agardando na súa pequena aldea sen estación.
Unha tarde parou un misterioso tren, lento e pequeno, con locomotora e seis vagóns. O revisor convidouna a subir. Como acertou unha adiviña, deulle unha fermosa caixiña azul. Tiña que facerse con sete. Conseguiu outras cinco atinando a solución das adiviñas e percorrendo os vagóns, cada un ben diferente pola súa categoría e a dos viaxeiros, e en territorios distintos polo que o tren vai discorrendo: persoas elegantes e unha cidade coa Torre Eiffel; xente de pel escura e longas túnicas nun espacio exterior todo verde; unha multitude de rostro redondeado, pelo negro, ponchos e gorros rechamantes, con montañas enormes e ruínas dunha construcción en forma de pirámide ao fondo; xente traxeada con ordenadores e teléfonos móbiles, e paisaxes nevadas de Canadá; pasaxeiros de pel brillante e negra coa roupa imprescindible para as resecas terras africanas. Finalmente, na locomotora, o maquinista deulle a sétima caixa cando estaba rematando a viaxe.
De volta na casa, soubo a solución da derradeira adiviña: o libro. Entón abríronse cunha luz intensa as sete caixas e delas saíron anacos que compuxeron o "Libro das infinitas historias", onde se gardan as historias fermosas que homes e mulleres foron creando en calquera país do mundo "para axudarnos a soñar e vivir".

53 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    84-8302-691-0



Traducciónslinha

Castelán Un tren cargado de misterios
Il. Enjamio
Col. Sopa de libros, 97. Ed. Anaya. Madrid, 2004
87 p. - 13x18 cm / ISBN: 84-667-3688-3



Recensiónslinha

.     .  Fadamorgana

Materiaislinha

.     .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais
    .  Proyecto de lectura - Anaya



Opinion