| Paco
Martín: Un robot pequeno Ilustracións de Manolo Uhía Col. Merlín. Edicións Xerais. Vigo, 1991 |
![]() |
Cando baixou polo
xornal ao quiosco, unha nena atopou na porta da súa casa un pequeno e
simpático robot do modelo SF-2: seica estaba perdido e só
podía falar cos menores de once anos. Acompañouna e
fixéronse amigos, pero como a mai da rapaza non lle quere ese
"ferragancho" na casa decide volver onda a súa guapa e
intelixentísima Sabela, quen, co seu home Fermín, o
construíra. Era unha desas trastadas que o robot facía os
domingos pola mañá. |
|