| Paula
Carballeira: Un porco e unha vaca xa fan
zoolóxico Ilustracións de Pablo Otero "Peixe" Col. Merlín. Edicións Xerais Vigo, 1999 |
![]() |
Unha morea de contos saíron á busca
de alguén que os contase, porque desde que desapareceran os contacontos
as boas historias queimábanse nas lareiras sen que ninguén lles
fixese caso. Así deron coa vaca Xuvenca e o porco Cochón, que os
adoptaron e baixo o nome artístico de Xuxú e Chonchi montaron con
eles un espectáculo de moito éxito. Aquí
recompílanse os contos que figuraron nel, aínda que
lamentablemente non se pode reproducir a súa montaxe de música e
baile. |
|