blix



Antonio García Teijeiro: Unha chea de aloumiños
Ilustracións de Luis Castro Enjamio

Col. Árbore, 99. Serie Verde
Ed. Galaxia. Vigo, 1998

Unha chea de aloumiņos

Volume que recompila catro libros do autor, Coplas, Nenos e Aloumiños, de 1988 e Poemas do Sol e da Lúa, de 1992.
Son poemas de extensión breve elaborados fundamentalmente a base de paralelismos ou xogos de palabras apoiados na tradición popular: cancións populares, nanas, coplas ou cancións de corro. Constrúe con elas un mundo idealizado que logra a través da utilización da natureza como elemento humanizado, cunha finalidade lúdica e de achegamento do xénero poético ao lectorado infantil.

104 p. - 21x12 cm.                                  ISBN    84-8288-168-X



A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000



Opinion