blix



Colectivo Garola: Unha avoa a catro patas, calcetíns e gravatas (¡Escapa que vén a Paca!)
Col. Teatro nas Aulas, 7
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
A Coruña, 1996

Unha avoa a catro patas

Obra escrita polo Colectivo Garola no ano 1991 e estreada no mesmo ano polo Teatro-Escola Infantil de Narón (TEINA) e polo grupo de O Seixo no ano 1992, en Narón e Chanteiro, respectivamente. Presenta unha división en oito escenas, nas que se relata a historia de cómo Clementina, a avoa de Susi e Luís, fai desaparecer cun feitizo a Vicentiño, o fillo da veciña que deixara ao seu coidado mentres ela e Amparo, a nai dos outros rapaces, foran de compras. Xorde a dificultade cando se decatan de que aquilo que pretendían que fose unha broma se converte en realidade, tendo que facer mil peripecias para que ninguén se decate do acontecido. Remata o libro indicando unha serie de suxestións escenográficas, de atrezzo, mobiliario, vestiario e posta en escena.

32p. - 17x12 cm.                                                          ISBN    84-89679-08-X




A nosa literatura infantil e xuvenil 1996
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998



Opinion