| María de
Mata: Un día de treboada Ilustracións de Mariana Riestra Col. Contos da igualdade, 1. A Coruña, 2006 |
|
Conta a voz dunha
rapaza que un día de agosto na súa aldea na Terra Chá
alterouse a xente coa posible chegada dunha treboada: se caía sobre a
herba segada e aínda sen recoller estragaríase a colleita e non
habería comida para o inverno. Todos os tractoristas empezaron a empacar
a toda présa, pero ía tanta calor e os condutores andaban tan
ás tolas que a maioría dos tractores se foron estragando,
agás o da súa casa. Todo dependía da súa mai. Botou
todo o día co tractor facendo pacas sen parar, entre o asombro e
admiración de todos os homes, e coa axuda dos paxariños, que
formaron unha antuca enriba deles e refrescáronos batendo as ás.
Cando, ao caer a tardiña, xa a colleita estaba a salvo nas palleiras,
tronou e caeu unha saraibada. Pero toda a aldea puido celebrar o empeño
da mai. E tamén a cea que, mentres, o pai e mais a rapaza prepararan
para todos e todas. |
|