blix



Fina Casalderrey: Un día de caca e vaca
Ilustracións de Marina Seoane

Col. Carteira de Valores, 4. Baía Edicións
A Coruña, 2006

Un día de caca e vaca

Conta a voz narradora de Álex que vai ter un irmán e do que quere a seu pai. Os seus pais son: Cruz, que traballa na carpintería, e Andrea, que tocaba o violín antes de que nacese e deixouno temporalmente para coidar a criatura. Viviu con ilusión a súa primeira excursión, cos compañeiros do cole, en autobús. Pero ocorreron dous incidentes: a súa zapatilla apestaba o autobús, porque pisara caca de can, até que a condutora, Laura, abriu a ventá e pasou o cheiro. Aínda que o peor foi á volta: o autobús pegou unha brusca freada, mais aínda así non puido evitar atropelar unha tenreira salvaxe. Camilo, o que fai a limpeza no cole, mareouse e levárono en ambulancia.
E ao final sabemos que Andrea é o seu pai, violinista; Cruz, carpinteira, a nai; e ela Alexandra, a súa filla. Rómpese así, como en todo o relato, o esquema convencional de roles sociais, en defensa do valor da igualdade entre home e muller.

32 p. - 23x17 cm.                                                          ISBN    978-84-96526-55-6




Traduciónslinha

Castelán Un día de caca y vaca
Il. Marina Seoane - Trad. Fina Casalderrey
Col. Cartera de valores, 4. Ed. Algar. Alzira, 2006
32 p. - 22x17 cm / ISBN: 84-9845-012-8
Castelán Un día de caca y vaca
Il. Marina Seoane
Col. Cartera de valores, 4. Círculo de Lectores. Barcelona, 2006
32 p. - 22x17 cm / ISBN: 978-84-672-2148-0
Catalán Un día de caca i vaca
Il. Marina Seoane - Trad. Xabier Mendiguren Elizegi
Col. Cartera de valors, 4. Ed. Bromera. Alzira, 2006
32 p. - 22x17 cm / ISBN: 978-84-9824-130-3
Euskera Lehenengo txangoa
Il. Marina Seoane
Col. Balioen txanda, 4. Ed. Erein. Donostia, 2006
32 p. - 22x17 cm / ISBN: 978-84-9746-338-6

Recensiónslinha

  . fadamorgana
. La Voz de Galicia (pdf)



Opinion