blix



Pilar García Cardamas: Un día na fraga
Ilustracións de Leandro Lamas

Ed. Toxosoutos. Noia, 1999

Un día na fraga

Unha serie de relatos narrados en terceira persoa e centrados na vida diaria, vainos dando a coñecer a Nerea, unha nena espelida e xenerosa que pasa a vida cos seus pais, co seu irmán pequeno e cos seus amigos. Así transcorren varios episodios caracterizados polo humor e pola inocencia así como polos xogos, as trasnadas e aventuras.
Á parte destas estampas da vida real, na casa, na rúa e na escola, Nerea alcanza, a través dos soños, un mundo fantástico que a conduce a unha lagoa agochada na fraga e habitada por distintos animais cos que acaba por facer amizade. Na lagoa coñece o oso Lambón e axúdalle a atopar a serea Sabela, que estaba en apuros; pero, ademais, esta visita ao mundo dos animais sérvella a Nerea para coñecer o descontento pola deterioración do medio natural que producen os seres humanos.

100 p. - 21x15 cm.                                                           ISBN    84-89129-79-7



A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López
Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2001



Opinion