| Fina
Casalderrey: Un cabalo de lume Ilustracións de Valentí Gubianas Col. Mar de letras, 4. Baía Edicións. A Coruña, 2007 |
|
En Liciaga, pequeno e antigo país
bañado en parte por un grande océano, reside o señor Paco,
un vello mestre de escola que aos seus oitenta e catro anos segue vivindo na
mesma casa de Vilariño na que naceron os seus fillos. Eles marcharon
facendo cadanseu niño e tamén a súa dona, que voou a unha
desas casas altas que se constrúen nas árbores do ceo. Vive
só pero non quere deixar a casa porque está chea de
lembranzas. |
|
|