| Xavier
López Rodríguez: Un burro hippy Ilustracións de Manuel Uhía Col. Ala delta, 52. Serie Azul Ed. Edelvives. Zaragoza, 2000 |
![]() |
Relato no que o protagonista lle conta ao seu amigo Santiago as súas ilusións (ter unha moto) e as da súa irmá María (ter un cabalo), imposibles de conseguir dada a situación familiar. Cóntalle que María tivo máis sorte, pois chegou a montar un cabalo gracias a que coñeceron un vello xitano chamado Xerardo que se dedicaba á compra e venda de cabalos nunha zona suburbial da cidade. Un día os tres descobren unha burriña no prado, á que polas súas longas guedellas lle puxeron de nome Hippy, e pasan os día coidándoa e dándolle leite. A enfermidade de Xerardo complica a situación ata que conseguen que os avós de Ana, unha amiga dos rapaces, a acollan na casa da aldea. Tamén deste xeito María e o seu irmán falan cos seus pais da relación que manteñen cos xitanos e conseguen vencer os seus receos. Ao longo do relato trátanse tamén as boas relacións da familia, os costumes do mundo dos xitanos, a vida da aldea e a do arrabaldo da cidade. |
|
|
Gálix: A nosa literatura infantil e xuvenil
2000 |