blix



Xelís de Toro: O trompetista e a Lúa
Ilustracións de Marifé González

Col. Tucán, 21. Serie Azul
Edebé-Rodeira. Barcelona, 1999

O trompetista e a Lúa

A través da focalización dun narrador omnisciente, cóntase o que aconteceu en Santiago de Compostela cando o concello decidiu convocar un concurso para formar unha banda de música. Os cidadáns, convencidos das súas aptitudes musicais, comezan a ensaiar e, a causa dos estridentes ruídos, en pleno mes de xuño chove a chuzos.
Todos acaban renunciando ás súas aspiracións musicais menos Evaristo, o xeadeiro, que desexa o posto de trompetista. Para non amolar os veciños, ensaia no Monte Pelouroso. Pero alí atópase coas protestas da Lúa polo mal que toca. Farta de aturar o ruído, decide coller a Evaristo nun dos seus extremos e ensinarlle os diferentes sons que existen na natureza: o dos geysers de Islandia, o das fervenzas da selva venezolana, o batuxar dos peixes de Terranova, os ventos do Himalaia e os remuíños do deserto do Sáhara. Evaristo aprende deste xeito que a esencia da música reside na natureza.

58 p. - 17x12 cm.                                                          ISBN    84-8116-314-7



A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López. Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural
Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 2001



O trompetista e a lúa . Xelís de Toro: O trompetista e a Lúa
Ilustracións de Marifé González


Tucán 8+. Serie Laranxa, 4
Ed. Rodeira. A Coruña, 2005


Reedición con revisión textual


64 p. - 20x13 cm.         ISBN    978-84-96352-61-2



Opinion