blix



Concha Blanco: O troleiro e outros contos
Ilustracións de X. Vizoso

Col. Narrativa pra nenos. Ediciós do Castro. Sada, 1999

O troleiro e outros contos

Con grandes ilustracións en branco e negro preséntanse catro contos dirixidos á infancia.
En "O troleiro" nárranse as aventuras de Uxío, un neno afeito a contar mentiras, que vai de excursión cos seus amigos, encérraos nunha cabana e, á volta, cóntalles a máis incrible das súas historias. "O túnel do tempo" conta a experiencia que vive un neno nunha atracción de feira chamada o túnel do tempo. "O tío Rubén" relata as aventuras dun home que volve de América convertido nun grande escritor. Por último, en "Eu, o braseiro", o propio braseiro é o que narra a súa historia, dende que o fabricaron ata que acabou os seus días nun vertedoiro.

113 p. - 19x22 cm.                                                          ISBN    84-7492-946-6



A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López. Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural
Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 2001



Opinion