| Ana Mª
Fernández: Tres voltas ó planeta Ilustracións de Enjamio Col. A montaña encantada. Serie Verde Ed. Everest Galicia. A Coruña, 2000 |
|
Érase un Contiño pequeno e rebuldeiro, rebelde e
poeta, que vivía illado no máis alto da estantería sen que
ningún neno ou nena o puidese ler. Un día saltou do andel e foise
coñecer mundo. Ao tempo que ía coñecendo novos espacios e
vivindo experiencias ía enchendo as súas páxinas de
poemas: sobre o mar, as sereas e as ondas; seguindo os camiños de terra,
sobre a herba verde, os xinetes das albas, o sol, a lúa ou as
campaíñas do Courel; cando coñeceu os nenos, cantou o
mundo como un patio de recreo, aprendeu e compartiu os seus desexos, sobre todo
nas festas de aniversario, tan cheas de ilusións; soubo tamén o
que é o medo e escribiu cantos de berce para acougar os pícaros;
gustoulle a escola e xogou con cancións; para os nenos maiores contou
historias en poemas a xeito de romances... Viaxou, en fin, ao País da
Fantasía coas letras amigas e compañeiras da festa das
palabras. |
|