blix



Gloria Sánchez, Andrés García Vilariño e Xosé A. Neira Cruz:
Tres triscadas
Ilustracións de Ana Gómez Buhigas

Col. Lagarto Pintado. Dirección Xeral de Cultura.
Consellería de Cultura e Xuventude. Xunta de Galicia. Santiago, 1993

Tres triscadas

Gloria Sánchez presenta un catálogo de armas ... para morrer de risa, cos planos dunhas novas armas secretas que lle enviou o Profesor Chilindrof Tulitates para que llelas faga chegar aos rapaces con vistas a atallar tanta liorta como hai no mundo. Coñecemos así a bomboa, a escopita, a espida vergonzosa, a pis-tola, a metraballadora ou o pombo da paz que vai criar coa súa homónima.
En O lagarto Paco García Vilariño recolle as impresións dun ancián espectador dos xogos de catro nenos que descobren un lagarto saíndo do seu ovo. Adóptano como mascota do grupo e teñen que protexelo do ataque do gato e coidalo.
Pecha o libro Neira Cruz con O plumífero de Xurxo, o regalo da avoa cando cumpre cinco anos. Coa axuda de dúas pegas e un pardal converte o seu desexo en realidade e aprende a voar coas plumas.

70 p. - 19x11 cm.                                                          ISBN    84-453-0776-2



Opinion