blix



Úrsula Heinze, Paco Martín e Helena Villar Janeiro:
Tres trebellos máxicos
Ilustracións de Manuel Uhía

Col. Lagarto Pintado. Dirección Xeral de Cultura.
Consellería de Cultura e Xuventude. Xunta de Galicia. Santiago, 1992

Tres trebellos máxicos

Edición institucional con tres relatos de tres recoñecidos autores da literatura infantil galega.
Abre o volume Úrsula Heinze con O invento, relato no que uns rapaces teñen a oportunidade de subir a unha máquina do tempo viaxando ata o 2000. Volven abraiados da destrucción atómica do planeta Terra, que eles á volta han intentar evitar.
En Cando o robot pequeno coñeceu a un neno portugués Paco Martín presenta o seu simpático robot SF2 nesta ocasión axudando a un neno orfo e solitario de orixe portuguesa.
Pecha o libro Helena Villar Janeiro con A vasoira máxica enfrontando unha aspiradora coas posibilidades dunha aparentemente vasoira vulgar, a máis desprezada da colección da meiga protagonista.

60 p. - 19x11 cm.                                                          ISBN    84-453-0621-9



Opinion