| Antón
Avilés de Taramancos: Tres capitáns de
tempos idos Ilustracións de Manolo Uhía Col. Merlín, 133. Eds. Xerais. Vigo, 2003 |
|
Peciña de teatro en tres lances breves.
Cunha estructura simétrica: primeiro, un personaxe, distinto en cada
lance (o Rei, o Xuíz e Añón), intervén cun
parlamente único (para lembrar o tempo de esplendor da cultura galega na
Idade Media, ordenar en nome dos Reis Católicos que só se fale
castelán e anunciar que vai erguer a voz da Galicia muda, aínda
que sabe que sufrirá mesmo desterro por facelo, respectivamente);
contesta a Velliña, que simboliza a Galicia, recordando que daquela era
unha mai feliz, a quen querían todos os fillos; queixándose de
que a queren deixar muda, de non ser polos labregos e mariñeiros;
agradecendo o sacrificio dos Precursores, continuado logo por tantos, que
conseguiron que xa ninguén se avergonce por falar a súa
lingua. |
|
|
||||||||||