blix



A. García Teijeiro, Xabier P. Docampo e Gloria Sánchez:
Trazos, trozos e retrincos
Ilustracións de Xan López Domínguez

Col. Lagarto Pintado. Dirección Xeral de Cultura.
Consellería de Cultura e Xuventude. Xunta de Galicia. Santiago, 1992

Trazos. trozos e retrincos

Antonio García Teijeiro presenta os Poemas do Sol e da Lúa, nos que o Sol e a Lúa, como bos amigos escriben poemas que deixan nas rúas para alegrar a todos os nenos e nenas. En versos ledos e sonoros cantan á andoriña, ao caracol, ao espantallo ou ás bruxas. E xogan a repetir trabalinguas ata un poema final de amor.
En Adelaida é tremenda, Xabier P. Docampo conta dunha rapaza á que lle gusta moito debuxar. Atopa na casa da avoa uns lapis máxicos de cores que converten en realidade os seus debuxos. Gracias a eles, píntalle bigote á directora do colexio e recupera as árbores centenarias da praza que o alcalde mandara cortar para construír un aparcamento.
Dez poemas de Gloria Sánchez incorporan uns Bichos con gaseosa, enredadores e namorados. A musicalidade destes xogos en verso tivo unha edición posterior ampliada en libro (sen tres dos poemas: Bichos con gaseosa) co interese engadido da lectura visual diferente do ilustrador Fran Jaraba.

64 p. - 19x11 cm.                                                          ISBN    84-453-0620-0



Opinion